A retirada de sir John Moore

A retirada de sir John Moore

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027721
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-8302-772-1
Páxinas:
48
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
COMICS

Desconto:

-5%

Antes:

15,55 €

Despois:

14,77 €
IVE incluído

Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse  á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios compatriotas. Para uns, non foi máis ca unha covardía, propia dun xeneral indeciso; para outros, en cambio, foi unha manobra perfecta da  arte militar. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo, ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre. Rosalía de Castro dedicoulle un apaixonado poema.A retirada de Sir John Moore dá conta dalgúns dos episodios que sucederon naquela Galicia das guerras Napoleónicas. O argumento do libro xira arredor da  peripecia de Teixugo, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños con dous exércitos -o inimigo frances capitaneado polo mariscal Soult e o aliado británico dirixido polo teimoso, valente e disciplinado Sir John Moore- que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta. Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna a Galicia e únese ao abade  da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros.  O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a Igrexa ten, como se sabe, o dez por cento nestes negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é quen de se  impor a exércitos tan potentes. Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter  mesmo no fragor da batalla de Elviña.

Outros libros do autor en Libreria Cies

Materia en Libreria Cies

Xerais en Libreria Cies

  • Na fogueira dos versos -5%
    Titulo del libro
    Na fogueira dos versos
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de  lectores, que destacou a pureza e a sin...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • Finximentos -5%
    Titulo del libro
    Finximentos
    Pérez Rei, Mariña
    Xerais
    Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,95 €17,05 €

  • Barrotes dourados -5%
    Titulo del libro
    Barrotes dourados
    Alapont, Pasqual
    Xerais
    A vida de Alexandre atópase nunha canella de difícil saída. Carolina, a súa moza, morreu nun accidente de m...
    No disponible

    12,30 €11,69 €

  • Dona Problemas -5%
    Titulo del libro
    Dona Problemas
    O Hematocrítico
    Xerais
    A Carlota todo o mundo a coñece como «Dona Problemas», porque se dedica a resolver os incidentes que padecen...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €

  • ANTIGO/ LABIA.LECTURAS.1O/SEPARADO XERLIN -5%
    Titulo del libro
    ANTIGO/ LABIA.LECTURAS.1O/SEPARADO XERLIN
    Colectivo Xirimbao
    Xerais
    No disponible

    5,75 €5,46 €