A merla de trapo

A merla de trapo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497827027
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-702-7
Páxinas:
176
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
195
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
MERLIN 11 ANOS

Desconto:

-5%

Antes:

13,50 €

Despois:

12,83 €
IVE incluído
Comprar

A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os  seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde  unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa  que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só.  A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata,  coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra. A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os  botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.

Outros libros do autor en Libreria Cies

  • Ga-bvl. 9 xiganano onde estas -5%
    Titulo del libro
    Ga-bvl. 9 xiganano onde estas
    Cortizas, Antón
    Sm
    O Xiganano é un ser que medra e mingua segundo a hora do día. E o inventor de tódolos contos que se teñen i...
    No disponible

    5,90 €5,61 €

  • Xogando con gatos -5%
    Titulo del libro
    Xogando con gatos
    Nº 20
    Cortizas, Antón
    Xerais
    Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. E ...
    No disponible

    16,50 €15,68 €

  • TENRURA -5%
    Titulo del libro
    TENRURA
    Cortizas Amado, Antón
    Galaxia
    Con ?Tenrura? arranca a colección ?Libros para compartir? ?Tenrura? cóntanos a historia dunha nena que vai te...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,30 €19,29 €

  • O lápis de Rosalía -5%
    Titulo del libro
    O lápis de Rosalía
    Nº 247
    Cortizas, Antón
    Xerais
    Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,50 €11,88 €

  • O caso das chaves desaparecidas -5%
    Titulo del libro
    O caso das chaves desaparecidas
    Cortizas Amado, Antón
    Edelvives
    No disponible

    8,20 €7,79 €

Materia en Libreria Cies

Xerais en Libreria Cies