(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498650969
ISBN:
978-84-9865-096-9
Páxinas:
298
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
1O.BACHARELATO

Desconto:

-5%

Antes:

29,00 €

Despois:

27,55 €
IVE incluído

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura, o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades estimulantes, para facer deste manual un material motivador e doado de manexar. Todas as Unidades Didácticas preséntanse, tanto nos apartados de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha ampla batería de exercicios prácticos moi dinámicos, que pretenden fomentar a creatividade e estimular a capacidade crítica do alumnado. Sabendo que os coñecementos de lingua e de literatura son importantes, este libro de texto non pode deixar sen tratar os grandes  asuntos e os grandes retos da sociedade do século XXI: os valores democráticos e de convivencia, o respecto á diversidade, a igualdade de sexos, a reafirmación da personalidade e do espírito crítico, a comprensión dos cambios e as transformacións sociais, a tolerancia, a afirmación da identidade sen renunciar á universalidade, a iniciativa emprendedora, a solidariedade, etc. Todas estas son cuestións de máximo interese e abórdanse dun xeito transversal, pero constante ao longo das lecturas, exemplos, contidos teóricos, xogos e exercicios. Neste sentido é importante destacar o apartado que pecha as distintas unidades, Sarillos e Descubertas, onde se suxiren traballos de investigación, propostas de debate, investigacións na rede, etc., actividades coas que poderán profundar no traballado así como demostrar o talento que atesouran os estudantes de Galicia. As unidades de literatura ofrecen ademais unha liña do tempo para explicar a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. En definitiva, unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 Un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén  para fomentar o interese e a curiosidade pola lingua nosa, pola nosa literatura, e, por extensión, que contribúa a avivar o interese polo mundo contemporáneo. O proxecto da Editorial Galaxia parte do convencemento de que a lingua galega debe ser un vehículo de recoñecemento e de descuberta da realidade, unha fiestra aberta para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua entendida como  un vehículo de comunicación e como unha ferramenta de coñecemento.

Outros libros do autor en Libreria Cies

Galaxia en Libreria Cies

  • Música sacra -5%
    Titulo del libro
    Música sacra
    Conde Cid, Alfredo
    Galaxia
    Os nove relatos deste libro están firmados en diferentes cidades: A Habana, Roma, Xenebra, Nova Iork, Aix-en-P...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,50 €12,83 €

  • BELEZA VERMELLA -5%
    Titulo del libro
    BELEZA VERMELLA
    Nº 387
    Portabales Santomé, Arantza
    Galaxia
    Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza  Portabales cunha novela negra arrasad...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,00 €19,95 €

  • O enxoval da noiva -5%
    Titulo del libro
    O enxoval da noiva
    Nº 511
    F. Freixanes, Víctor
    Galaxia
    Nos derradeiros días de 1501, a princesa Lucrecia Borgia, filla do papa Alexandre VI, casa por poderes en terc...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,30 €19,29 €

  • Berta Mir detective. O caso do martelo branco -5%
    Titulo del libro
    Berta Mir detective. O caso do martelo branco
    Nº 131
    Sierra I Fabra, Jordi
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,80 €16,91 €

  • Nunca te vin chorar -5%
    Titulo del libro
    Nunca te vin chorar
    Suárez Abel, Miguel
    Galaxia
    Quen é Wilson Valderrama? Un santo, un idealista ou un xogador de vantaxe? Por que dedicou os últimos trinta ...
    No disponible

    19,40 €18,43 €