A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)
 IBD

A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875161
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-8487-516-1
Páxinas:
158
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Desconto:

-5%

Antes:

14,96 €

Despois:

14,21 €
IVE incluído
Comprar

Título: A revolución en marcha.
Subtítulo: Decretos e proclamas da comuna de París(Setembro 1870-Maio 1871)
"...se algunha aprendizaxe  é posible extraer da Comuna é que a abolición do Estado non significaría a súa «extinción na simple xestión racional do social», senón «a posta en deliberación permanente do público» (Daniel Bensaïd). É dicir, a construción dun espazo dialéctico, dun espazo atravesado por tensións múltiples, e polo tanto aberto e liberado. A diferenza do falansterio, a Comuna non precisou proxectarse a si mesma  no futuro. E na medida en que foi realmente posible, na medida en que  nela o ideal da emancipación humana tivo lugar dun xeito efectivo, deixou tras dela un inxente rastro material. A este rastro pertence a extraordinaria produción imaxinaria que foi quen de xerar, dende os textos a pé de obra que recolle esta escolma ao documental de Peter Watkins, pasando polas palabras dos poetas, dos filósofos e dos novelistas, incluído o Émile Zola do Ventre de París. Escrita logo do abatemento da Comuna, Rancière ve na súa aparición o lugar dunha nova reordenación do sensible, un lugar que «celebra a épica das coles, a épica dunha nova beleza que opón á arquitectura de ferro de Les Halles  e as moreas de legumes que contén, á vella beleza sen vida simbolizada pola veciña igrexa gótica». Porque a Comuna, en suma, existiu, e foi quen de transformalo todo ao seu paso, tanto a política  como a estética, até o punto de que a súa lóxica non pode ser a da utopía, senón a do espectro. A Comuna non di «isto será posible», senón «isto foi posible» e a certeza da súa existencia anterior cifra a medida de calquera esperanza futura. A Comuna non pode ser replicada, pero pensar en todo o que supuxo é unha das formas nas que o pasado conflúe coa esperanza".
María do Cebreiro

Materia en Libreria Cies

Laiovento (ibd) en Libreria Cies

  • Un ruído procado(r). Voces arredor de Luísa Villalta
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Un ruído procado(r). Voces arredor de Luísa Villalta
    Mercedes Queixas e Montse Pena Presas
    Laiovento (ibd)
    Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de  Luísa Villalta. Todas buscan provocar...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,95 €16,10 €

  • O azul entre o ceo e auga
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O azul entre o ceo e auga
    Susan Abulhawa
    Laiovento (ibd)
    O azul entre o ceo e a auga é unha novela de Susan Abulhawa que segue a historia da familia Baraka, forzada a ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    23,95 €22,75 €

  • A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.
    Xulio López Valcárcel
    Laiovento (ibd)
    Título: A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET.II.Subtítulo: A configuración dun mito. De Mesías a Deus.L...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €18,95 €

  • Introdución á economía en banda deseñada
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Introdución á economía en banda deseñada
    Yoram Bauman - Grady Kliein
    Laiovento (ibd)
    Título: Introdución á economía en banda deseñadaSubtítulo: Volume I: MicroeconomíaAutores: Yoram Bauman ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    22,83 €21,69 €

  • Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Caler
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Caler
    María do Pilar García Negro
    Laiovento (ibd)
    RECTIFICAR A HISTORIAEscritos sobre Ricardo Carvalho CaleroPerguntémonos por que cómpre continuarmos a celebr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €17,05 €