As cartas do destino.

As cartas do destino.

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887913
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-791-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
MEMORIA

Descuento:

-5%

Antes:

21,20 €

Despues:

20,14 €
IVA incluido
Comprar

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que editorial Galaxia publica na colección Memoria. Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra. As dificultades da  vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro  no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Materia en Libreria Cies

Galaxia en Libreria Cies

  • Sobrevivindo (Versión ampliada) -5%
    Titulo del libro
    Sobrevivindo (Versión ampliada)
    Nº 340
    Portabales, Arantza
    Galaxia
    Val Valdés presentouse no ano 2000 a un programa de telerrealidade, do  que saíu vencedora e rica. A par...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,40 €17,48 €

  • Obra gráfica -5%
    Titulo del libro
    Obra gráfica
    Risco, Vicente
    Galaxia
    A súa obra gráfica, constituída por centos e centos de debuxos, é un xeito de entender a realidade circunda...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,40 €24,13 €

  • o porco de pé -5%
    Titulo del libro
    o porco de pé
    Nº 1
    RISCO, VICENTE
    Galaxia
    Auténtica cerimonia carnavalesca, a obra mestra de Vicente Risco é unha parodia na que se debuxa, con clarida...
    No disponible

    14,90 €14,16 €

  • Rosalía oculta -5%
    Titulo del libro
    Rosalía oculta
    Nº 11
    Mayor, Paula
    Galaxia
    Rosalía de Castro foi, sen ningunha dúbida, unha muller avanzada ao seu tempo. En pleno século XIX, can...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,00 €20,90 €

  • O pelo de Van't Hoff -5%
    Titulo del libro
    O pelo de Van't Hoff
    Elorriaga, Unai
    Galaxia
    A novela comeza coa chegada dun funcionario á vila de Idus. Matías Malanda ten a misión de realizar unha enq...
    No disponible

    19,00 €18,05 €